Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Acceso

Persoal da Universidade

Desde o Servizo de Teledocencia ponse a disposición de todo o persoal da Universidade un conxunto de cursos e manuais destinados, ben á formación xeral, ben á aprendizaxe do manexo de ferramentas ou aplicacións, denominado programa AS.

Acceso 

O acceso a este programa é distinto se se realiza desde un ordenador conectado á rede da Universidade de Vigo, que se se realiza desde un ordenador alleo a ela.

No primeiro caso, ao conectarse á páxina, aparecerán directamente os cursos de libre acceso, podendo entrar en calquera deles sen restricións.

Se se conecta desde fóra da Universidade de Vigo, o sistema solicitaralle un código de usuario e un contrasinal, cos que poderá entrar nos cursos.

Para poder administrar un determinado curso como profesor, é necesario dispor, incluso desde a rede da Universidade de Vigo, dun código de usuario e contrasinal.

Calquera membro do persoal da Universidade de Vigo que desexe un código de usuario e contrasinal para acceder como alumno a este programa, pode solicitalo enviando un correo-e ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Solicitude de cursos

A creación dos cursos realízase sempre desde o Servizo de Teledocencia.

Para solicitar a alta dun curso neste programa, é necesario encher e enviar o seguinte formulario.