Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Cerrar barra novedades »

Alumnado

As plataformas de teleformación da Universidade de Vigo, correspondentes aos programas activos (excepto Curso Cero), son de acceso restrinxido. As persoas destinatarias son estudantes matriculados nas materias oficiais da Universidade de Vigo, que teñen a correspondente materia creada en Faitic, ou ben están matriculados en programas especiais, como títulos propios, mestrados ou formación continua, para o que disporán dun código de usuario e un contrasinal.

Acceso

Para acceder á plataforma, basta con dispor dun ordenador con conexión a internet e un navegador web. O acceso poderán realizalo desde un ordenador situado en calquera parte do mundo. Ademais, a Universidade pon á súa disposición unha completa rede de aulas de acceso a internet (preme aquí para acceder á listaxe), dotadas de ordenadores, desde as que poden realizar esta conexión.

O alumnado que acceda por primeira vez a FaiTIC, deberá establecer un contrasinal de acceso. Para iso debe ir á ligazón "Esqueceu súa clave?" na que debe escribir:

  • usuario/a: número de DNI (sen incluír a letra nin outros signos de puntuación). Para o alumnado estranxeiro, o nome de usuario é o número de NIE/pasaporte (coas letras en minúscula e sen guións).
  • enderezo de correo electrónico: para o novo alumnado o facilitado na secretaría no momento da matrícula. Se xa tiñas unha conta creada en FaiTIC, o que está asociado a túa conta.

Se tes dúbidas sobre algún destes datos, contacta co servizo.

Despois de premer en "enviar" recibirás un correo-e (se non o recibes na bandexa principal, revisa a bandexa de spam ou correo non desexado) cun código de verificación e as instruccións precisas para establecer un contrasinal.

Unha vez dentro do sistema, na ligazón da esquerda "Datos persoais" podes modificar o teu contrasinal e o correo electrónico en calquera momento.

A través da ligazón "MATERIAS" tes acceso aos espazos virtuais das materias nas que estás matriculado/a. Se unha materia non che aparece na listaxe, pode ser debido a que o profesor/a da mesma non solicitou a alta desa materia ou ben que de momento non está accesible para o alumnado. Por outra banda, son os docentes os responsables de cada espazo virtual e os que poñen visibles os distintos recursos e actividades que estiman oportunos.

Curso O

Mención especial require o programa Curso 0, destinado a informar o alumnado preuniversitario, xa que o acceso a esta plataforma é libre. Para poder entrar basta con rexistrarse previamente, e créase unha conta cun código de usuario e contrasinal, a elección do alumno/a. Posteriormente deberá inscribirse nos cursos que desexe, que se amosan na listaxe agrupados por facultades.

Software

Para poder ver algúns contidos de certos cursos, pode ser necesario dispor, adicionalmente, de software (normalmente gratuíto) que permita a visualización dos arquivos, como poden ser un lector de arquivos en formato PDF, visor de animacións Flash (Macromedia), visores de formatos gráficos, de vídeo ou audio etc.