Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Acceso

Novidades

Solicitar certificado uso TEMA

En FaiTIC o profesorado pode solicitar a través do portal os certificados de uso da plataforma TEMA. Para iso, accede ao portal cos teus datos e vei á liga´zon da esquerda "SOLICITAR CERTIFICADO USO TEMA". Estes certificados emítense de forma automática polo que é preciso que revises a través da ligazón "datos persoais" que o teu nome e apelidos figuran correctamente. Calquera erro debes comunicárnolo a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para poder corrixilo.

O proceso de creación e sinatura dos certificados pode tardar varias semanas, polo que se recomenda solicitar os certificados con suficiente antelación (en caso de dúbida contacta co Servizo).

Consulta as notas en Moodle

Para consultar as cualificacións das materias que tes en Moodle, hai que acceder á materia e ir "A miña área persoal" > "Cualificacións" (situada na parte superior dereita):

cualificacions

Na seguinte páxina apareceranche todas as materias que tes en Moodle e o resumo das cualificacións obtidas. Premendo no título da materia que desexas consultar poderás ver o detalle das cualificacións.

 

Alta automática de materias en FaiTIC

No portal de FaiTIC, o profesorado pode dar de alta novas materias que figuran no seu POD automaticamente. Para iso accede cos teus datos ao portal e entra na ligazón da esquerda "Datos en POD", aí deberá aparecer a listaxe de materias do teu POD, se algunha non está dada de alta en FaiTIC debe aparecer unha ligazón a "Crear en Faitic", pulsa nela e na seguinte páxina escolle a plataforma que desexas utilizar, o curso ao que pertence e as datas de inicio e fin. Por último, preme no botón "Crear materia".

No caso de que a materia xa figure dada de alta (porque a solicitou outro profesor/a, por exemplo) terás a opción "Inscribirme".

Con calquera destas dúas opcións terás acceso de forma automática á materia na plataforma de teleformación de FaiTIC.