Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Acceso

Novidades

Subir foto a FaiTIC

Para subir a túa foto á plataforma de FaiTIC, debes acceder a unha das materias deste curso, pero ten en conta que dispoñemos de 2 plataformas:

  • Se é en Claroline, tes que ir á pestana superior "A miña conta de usuario":

a minha conta usuario

  • Se é en Moodle, tes que ir ao menú superior dereito "Perfil":

perfil moodle

 

No momento en que subas a foto a unha materia deste curso queda subida para o resto das materias nesa plataforma, pero se hai docentes na túa titulación que empregan as dúas, tes que subila nas 2 plataformas.

Por outra banda, hai alumnado que sube a súa foto desde "datos persoais", pero esa foto é para o perfil persoal, non é unha foto que se exporte ás plataformas e, polo tanto, que poidan ver os docentes.