Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Acceso

Novidades

¿Que é unha plataforma de teleformación?

Unha plataforma de teleformación é unha aplicación informática aberta que posibilita o desenvolvemento e ubicación dun sitio web especificamente deseñado para a aprendizaxe en liña, dotado dunha certa variedade e diversidade de recursos, tanto docentes, como administrativos e de xestión.

Os principais recursos docentes pódense estruturar en torno a tres grandes grupos: materiais e sistemas de aprendizaxe, sistemas de comunicación e recursos para a avaliación e a autoavaliación (Santiago, R., Internet y enseñanza universitaria: de la gestión del conocimiento a la gestión del aprendizaje).