Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Cerrar barra novedades »

Profesorado

O profesorado da Universidade ten acceso en modo administrador aos cursos que creou, e como alumnado no que se inscriba como tal.

Acceso

Pode acceder á plataforma, tanto desde os equipos que a Universidade pon á súa disposición como desde calquera outro, situado en calquera parte do mundo, basta con dispoñer de conexión a internet e dun navegador web estándar.

Cando se dá de alta a un profesor/a, comunícaselle por correo-e o seu nome de usuario/a e contrasinal, cos que poderá acceder ás plataformas dos programas nos que estea inscrito.

Ao inicio de cada curso, actualízanse as plataformas coa última versión dispoñible, mediante a creación dun novo espazo web no servidor. Con esta forma de actuar, mantense nunha máquina a plataforma na súa versión anterior, co seu contido e usuarios/as, aínda que sen acceso común, creando a nova partindo de cero. Mediante procedementos automáticos traspásase a información da versión anterior á nova, información que contén o profesorado de cada materia, descrición do curso, documentos, cuestionarios, exercicios e secuencias de aprendizaxe.

Non se inclúe información referente ao alumnado, que se irá introducindo conforme realice a matrícula na universidade. Para as persoas que se matriculan por primeira vez, inclúese información proveniente da secretaria virtual.

Software

Para poder traballar con certos contidos, cómpre que o equipo dispoña de certo software específico para visualizar eses contidos, como unha suite ofimática (Microsoft Office, Openoffice etc.), xerador de documentos PDF, xerador de páxinas web (Dreamweaver, Pagemaker etc.), animacións flash etc.

Solicitude de cursos

O proceso de alta de materia nas plataformas de Faitic realízase sempre desde o Servizo de Teledocencia. Para solicitar a alta dunha nova materia, é preciso ser profesor/a en activo da Universidade de Vigo ou pertencer a algúns dos seus servizos.

A solicitude pode realizarse enchendo este formulario, que unha vez cuberto haino que enviar por correo-e ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .