Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Cerrar barra novedades »

Impresións remotas con SinKolas

Existe unha nova funcionalidade, chamada SinKolas, que permite realizar pedidos de impresión a reprografías da Universidade dende os documentos contidos nas súas materias.

Con esta ferramenta, tanto o alumnado coma o profesorado, poderán realizar solicitudes de impresión dun documento sen necesidade de personarse en ningún dos locais de Digital Gráficas e coa posibilidade de escoller, como punto de recollida, a oficina que máis lle conveña.

 

sinkolas 2

 

Para iniciar o asistente de solicitude de impresión hai que pulsar sobre o botón, coa imaxe dunha impresora, asociado ao documento a imprimir. É posible imprimir documentos de office, pdf, jpg, png …etc, ainda que somentes garantizase a exactitude en jpg y pdf.

 

Permisos de impresión:

Cada documento pode ser configurado, por parte do profesorado, para permitir ou non a súa impresión remota, sendo o valor por defecto: non permitido. Este permiso xestiónase de forma semellante a como se vén facendo para a visibilidade dun documento en si mesmo.

O profesorado da materia sempre poderá facer o encargo de calquera documento, con independencia de como estea configurado o devandito permiso de impresión.

Non obstante, o alumno da materia só poderá facelo cando o permiso de impresión estea configurado para permitilo.