Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Cerrar barra novedades »

Descrición do servizo

Faitic é unha iniciativa do Vicerreitorado de Innovación e Calidade da Universidade de Vigo, desenvolvida a través da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC), que pretende ser un servizo de complemento á docencia, baseado en Internet como contorno e que se dirixe, por unha banda, ao profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos e, por outra, ao alumnado preuniversitario que teña en mente cursar os seus estudos superiores nesta universidade.

Como valor engadido, este servizo convértese nunha ferramenta útil para afrontar os retos que supón a converxencia co Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e o uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) na docencia universitaria.