Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Cerrar barra novedades »

Novidades

Alta de materias en FaiTIC2

No novo portal de FaiTIC, o profesorado pode dar de alta novas materias que figuran no seu POD automaticamente. Para iso accede cos teus datos ao portal e entra na ligazón da esquerda "Datos en POD", aí deberá aparecer a listaxe de materias do teu POD, se algunha non está dada de alta en FaiTIC debe aparecer unha ligazón a "Crear en Faitic", pulsa nela e na seguinte páxina escolle a plataforma que desexas utilizar, o curso ao que pertence e as datas de inicio e fin. Por último, preme no botón "Crear materia".

No caso de que a materia xa figure dada de alta (porque a solicitou outro profesor/a, por exemplo) terás a opción "Inscribir en Materia".

Con calquera destas dúas opcións terás acceso de forma automática á materia na plataforma de teleformación de FaiTIC.