Faitic 2.0 - Universidad de Vigo

Cerrar barra novedades »

Preguntas Frecuentes

Que tipo de asesoramento lle ofrece o Servizo de Teledocencia ao profesorado?

O Servizo de Teledocencia pode asesorarte en dous sentidos. Por unha banda, nos aspectos técnicos para manexar correctamente a plataforma e, por outra, nos aspectos didácticos relativos a como integrar a tecnoloxía no proceso educativo.

Que é unha plataforma de teleformación?

Unha plataforma de teleformación é unha aplicación informática aberta que posibilita o desenvolvemento e localización dun sitio web especificamente deseñado para a aprendizaxe en liña, dotado dunha certa variedade e diversidade de recursos, tanto docentes como administrativos e de xestión. 

Mentres estaba dentro da plataforma Tem@, o sistema envioume fóra, que pasou?

Se durante un tempo non realiza ningunha tarefa na plataforma, o sistema pode entender que se atopa vostede ausente e, por motivos de seguridade, bloquear o seu usuario. Para volver entrar necesitará introducir o seu nome e contrasinal na páxina inicial de acceso.

Que debo facer cando esquezo o contrasinal ou nome de usuario?

En caso de non lembrar o contrasinal, podes obter un novo a través da ligazón "recuperar contrasinal", no que debes escribir en 'usuario' o número de dni sen a letra, o enderezo de correo-e que teñas dado de alta en FaiTIC e darlle a enviar. Nuns minutos recibirás un novo contrasinal na túa conta de correo-e.

Outro xeito de solucionar esta incidencia é póndote en contacto connosco no teléfono 986 811 974. Tamén podes enviarnos un correo-e ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Que significa o termo teleformación?

A incorporación das NTIC con fins educativos e formativos deu lugar ao que denominamos xenericamente como teleformación.

Unha definición deste concepto bastante concreta é a que nos ofrece o estudo de FUNDESCO en España, que entende a teleformación como un "sistema de impartición de formación a distancia, apoyado en las TIC (tecnología, redes de telecomunicaciones, videoconferencias, TV Digital, materiales multimedia), que combina distintos elementos pedagógicos: la instrucción directa clásica (presencial o de autoestudio), las prácticas, los contactos en tiempo real (presenciales, videoconferencia o chats) y los contactos diferidos (tutores, foros de debate, correo electrónico)”.

Mais...

Cales son os requisitos técnicos para usar as plataformas de teleformación?